CUADERNOS DE GAITA Cuaderno 17: Temperando Vol.3 (Iniciación) (Versión DO)

CUADERNOS DE GAITA Cuaderno 17: Temperando Vol.3 (Iniciación) (Versión DO)

Este libro é a segunda entrega dunha serie de catro que recibe o nome de ‘Temperando: Iniciación’.

14,00

en stock

SKU l36vV05dd Category Autor: VILLAMOR GAYEditorial: DOS ACORDESReferencia:: 9790801231741

Descripción

Esta serie divídese en catro volumes correspondéndose cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Galega que se imparte nos conservatorios de Galicia. Está previsto que esta teña continuidade nun futuro coa publicación das series ‘Temperando: Perfeccionamento I’, ‘Temperando: Perfeccionamento II’.
Os contidos desta segunda entrega están pensados para continuar traballando e perfeccionando os coñecementos e recursos adquiridos no anterior volume, aprendendo ademais novas dixitacións que nos permitan producir outras alturas de son, ata o de agora non empregadas. Neste volume atoparemos exercicios técnicos, pezas tradicionais acordes co nivel no que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o gaiteiro pouco a pouco siga adquirindo coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Ao final deste volume aportamos material complementario para que o profesor ou alumno teñan repertorio arranxado para gaita e outros instrumentos.
Todo o material amosado neste volume non só está pensado para ser útil a mestres e alumnos que traballen nestes niveis nos conservatorios, senón que este pode empregarse como un libro de aprendizaxe progresivo en asociacións e noutros tipos de escolas.

60 páxinas DIN A-4

Productos relacionados

0

Añadir dirección

El sitio web https://www.ideamusica.es/ utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita a sus páginas web. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar