Entrar | Regístrate
Buscador
Titulo: Autor: Categoría: Editorial:  
35,00 € Cant.
PEL & MADEIRA VOL.2 (Repert. básico cuarteto tradicional gaita & Percusión galegas: tambor-Bombo) (DO y RE) 2CD +CD-ROM. RUSTICA
VAAMONDE/ROMERO | DOS ACORDES | Gaita

En cada un dos CD, identificados como GAITA e PERCUSIÓN, o oínte poderá escoitar separadamente no estéreo cada un dos instrumentos que conforman o cuarteto tradicional. Deste xeito, virando o selector do balance cara á canle dereita ou á esquerda, poderemos anular a escoita do instrumento que queiramos e substituílo pola nosa propia interpretación ao vivo como parte integrante dun “cuarteto virtual”. Considerando a convivencia dos dous sistemas de escrita actual, Dó e Re, e tendo en conta a elección do de Dó para o primeiro volume da serie, consideramos oportuno optar pola escrita en Re para o guión deste segundo. Porén, incluímos dentro desta carpeta os caderniños en papel coas partes independentes de cada membro do cuarteto que faciliten a interpretación, coas gaitas en escrita Re; ademais, aportamos un CD-Rom con todas as partes en arquivos PDF e en ambas escritas. Neste segundo volume da colección "Pel e Madeira" os autores continúan afondando no repertorio tradicional galego, partindo da idea xa presentada no volume primeiro. Dous libros imprescindibles para gaiteiros, sexan estudantes, mestres ou intérpretes avanzados, así como para calquera persoa amante da nosa música patrimonial. A edición rústica contén: libro de partItura xeral para cuarteto (escrita en re), 2 cd de son (gaita e percusión) e 1 cd-rom coas partes instrumentais en pdf (dó e re)

Información útil
Devoluciones

Todos nuestros productos con garantía
Formas de envio
Formas de envio

Le ofrecemos diferentes formas de envio acordes a sus necesidades.
Mis compras
Revisar tu pedido

Ver el estado de mi pedido, hacer una devolución, ver mis compras.
Siempre informado
Recibe las ofertas y novedades de nuestra tienda en tu correo electrónico.