Entrar | Regístrate
Buscador
Titulo: Autor: Categoría: Editorial:  
15,00 € Cant.
MISA SO MAR CORO MIXTO
FERNANDEZ-PAREJA | DOS ACORDES | Coral

Algo que reclamaba xa o movemento cecilianista en pleno século XIX, buscando a nobreza sen excesos, en tesituras cómodas, a biensonancia e a moderación nas súas lonxitudes, que non necesitan alcanzar o grao de “celestiais”, que dicía Schumann. É o que pretendeu Jesús Fernández-Pareja y Marín na súa misa, de textura preferentemente polifónica vertical, onde predomina o acorde, a simultaneidade silábica do texto, como no clásico “coral” da relixiosidade alemá, pero con outra conduta melódica, que a converte en útil, digna e evidente vehículo de relixiosidade popular. Xiros melódicos que se reiteran establecen un certo carácter cíclico que lle confira vínculos de unidade e afinidade ás súas diferentes pezas. O simple canto unisonal da súa melodía acompañada pola redución das voces ao órgano preséntase moi eficaz (nalgún caso requiriría un cambio de tonalidade). Como confesa o autor, non pretendeu emular as medievais misas polifónicas de Barcelona ou de G. de Machaut, pero, coñecendo tamén as técnicas de vangarda, sitúase onde convén. Esta Misa do Mar (nacida a instancias de D. Casimiro, da parroquia de Mugardos) non se limita a pór en música as partes do Común (ás veces lixeiramente glosadas), senón que acolle entre os seus números pezas de texto libre para os diversos momentos do Propio, o que permite cubrir as necesidades de calquera circunstancia. Formato: 28 páginas DIN A4

Información útil
Devoluciones

Todos nuestros productos con garantía
Formas de envio
Formas de envio

Le ofrecemos diferentes formas de envio acordes a sus necesidades.
Mis compras
Revisar tu pedido

Ver el estado de mi pedido, hacer una devolución, ver mis compras.
Siempre informado
Recibe las ofertas y novedades de nuestra tienda en tu correo electrónico.