Entrar | Regístrate
Buscador
Titulo: Autor: Categoría: Editorial:  
35,00 € Cant.
AYES DE MI PAIS: O Cancionero de Marcial Valladares (gallego)
DO PICO/REI SANMARTIN | DOS ACORDES | Canto

O investigador ten que saber que na cadea de custodia que vai desde o informante até o neo-usuario do obxecto folclórico, hai sempre unha perda de información difícil de recuperar. Desde o punto de vista do bibliófilo, no caso de Ayes de mi país estamos ante o mellor dos escenarios posibles. O autor é unha personalidade no mundo da cultura de Galicia e da súa obra literaria e filolóxica hai unha considerable bibliografía posto que se lle ten rendido tributo coa celebración no seu nome do Día das Letras Galegas de 1970. Do texto en cuestión, Ayes de mi país, contouse cun manuscrito autógrafo e dous apócrifos, varios fragmentos autógrafos máis, e unha considerable tradición indirecta. A súa parte literaria foi xa publicada polos biógrafos de Marcial Valladares, polo que optamos por unha edición diplomática. Coas partituras foi imprescindible a edición do facsímile, toda vez que como álbum fica a día de hoxe inédito, e porque se trata dunha obra orixinal dunha gran singularidade temporal; foi escrita en 1865 de puño e letra do seu autor, o que a sitúa na prehistoria da bibliografía etnomusical galega ao tempo que a converte nun auténtico tesouro, patrimonio histórico-artístico do noso país. Esta edición crítica quere achegar ao lector unha partitura actualizada, depurada de erros, aseada antes de ser presentada en público. Para por en papel esta edición crítica os autores recadaron non só as distintas variantes de cada número do Ayes..., senón que alén diso, puxeron baixo o microscopio cada unha das creacións musicais de Marcial Valladares, escasas, máis igualmente pertinentes. Para esta reconstrución fai falta unha múltiple perspectiva que aúne historia, musicoloxía, lingüística, estética e un gran etcétera difícil de abranguer: o que nós estamos a ofrecer é simplemente unha proposta interdisciplinar elaborada desde a honestidade e o traballo de moitos anos.

Información útil
Devoluciones

Todos nuestros productos con garantía
Formas de envio
Formas de envio

Le ofrecemos diferentes formas de envio acordes a sus necesidades.
Mis compras
Revisar tu pedido

Ver el estado de mi pedido, hacer una devolución, ver mis compras.
Siempre informado
Recibe las ofertas y novedades de nuestra tienda en tu correo electrónico.